Autors i Autores

Ramon Guillem
1959-2024

En gallec

BRASAS

Chega a noite: cortadas por nubes de feluxe
desángranse as veas do día.
E, malia iso, un reflexo aceso,
fuxindo entre os raios derradeiros,
tradéanos a mirada, de fiestra
en fiestra, coma unha brasa.
Estou canso da morte.
Da botella perdida no océano sen acougo.
Que non quero crer en ataúdes brancos,
nin nos beizos acedos do pomelo,
en rosa ningunha de espiña secreta.
Hai tantas ás
nas pólas do sol!

(Dins XXIV Galeusca. La Corunya: AELG, 2007; del llibre Solatge de sols. Trad. Lluïsa Soaz)

* * *

UN SILENCIO

Hai unha parte de min que no é miña
como hai un verso rachado que non me pertence,
un ritmo que non axusta, unha sílaba
que sempre é un misterio.
                                         Un corazón
que as lúas agochan, una mirada ignota
que o espello non me sabe volver, un sol esmorecido.
Un vieiro que os meus pés estraga,
unha balsa que en regueiro embarranca,
este ouveo que os lobos recoñecen.
Un silencio.

(Dins XXIV Galeusca. La Corunya: AELG, 2007; del llibre Terra d'aigua [Terra d'auga]. Trad. Lluïsa Soaz)